domingo, 4 de noviembre de 2012

"A síndrome de inmunodeficiencia social", de Jose Antonio Marina


RESUMO

Neste artículo Jose Antonio Marina emprega a síndrome de inmunodeficiencia adquirida como un símil da situación que segundo el vive a sociedade española hoxe en día.
A síndrome de inmunodeficiencia manifestase, como indica Jose A. Marina, cando “un organismo perde a súa capacidade de defenderse contra un axente patóxeno”. Non só pode ocorrer no organismo, senón que tamén se pode dar a síndrome de inmunodeficiencia social, cando é a propia sociedade a que perde a capacidade de defenderse: “as súas defensas debilítanse, fanse máis vulnerables e non reacciona ante o agresor que a ataca”. Estes axentes agresores son, por exemplo, a corrupción no mundo político e empresarial, a pérdida de confianza nas institucións e a desmoralización.
Esta indefensión conduce a un estado de aceptación, e a sociedade remata por aceptar estas agresións e a consideralas normais. J. A. Marina pregúntase o por que deste comportamento, e considera que os principais factores son dous; por un lado, a ausencia de pensamento crítico, e por outro, as creencias patóxenas que se estenden entre a sociedade.
A solución a esta situación sería a de fortalecer o sistema inmunitario da sociedade, con fármacos coma, en primeiro lugar, o castigo exemplar; en segundo lugar, fomentar o pensamento rítico na sociedade; en terceiro e último lugar, aumentar a participación cidadana.
É necesario tamén establecer un marco ético na sociedade para controlar as institucións creadas para asegurar o progreso e a convivencia. Por último, J.A. Marina menciona o antídoto máis eficaz a esta situación: a repulsa social, o rexeitamento daquelas agresións á sociedade e ás persoas que as levan a cabo, e o respeto a aquelas que actúan éticamente.

CLAVES PARA DOCUMENTARNOS

Elaborei a partir do texto unha lista con aquelas palabras clave coas que podemos ampliar a información:
-   Síndrome de inmunodeficiencia: máis coñecido coma SIDA (Síndorme de Inmunodeficiencia Adquirida). É útil por se queremos ampliar os coñecementos que aporta o texto e así comprender mellor o emprego que fai J.A. Marina desta enfermidade coma símil.
Podemos atopar información adicional de utilidade na páxina da Organización Mundial da Saúde.

-   Pensamento crítico: Os doutores R. Paul e L. Elder definen o pensamento crítico coma “ese modo de pensar sobre cualquera tema, contido ou problema – no cal o pensante mellora a calidade do seu pensamiento ó apoderarse das estructuras inherentes do acto de pensar e ó sometelas a estándares intelectuais". Neste enlace atopamos un pdf bastante interesante elaborado por estes dous doutores arredor deste concepto:

-   Sociedade civil/ sociedade política: é importante aclarar as diferenzas entre estes dous termos, algo que non creo que quede moi claro no texto e que pode dar lugar a dúbidas. Neste blog hai unha entrada dedicada a estes dous termos: 

Aparte destas palabras clave, creo que outra boa base de documentación poden ser os propios medios de comunicación. O texto indica que os “agresores” desta sociedade afectada pola “síndrome de inmunodeficiencia social” son, entre outros, os numerosos casos de corrupción. Neste punto as consultas nas hemerotecas dos distintos medios pode sernos de grande utilidade. Ademais pode servirnos de axuda a consulta da plataforma No les Votes que tamén elaborou un corruptódromo  cos casos máis importantes de corrupción acontecidos.


REFLEXIÓNS PERSOAIS

Recomendo a lectura a deste artigo polo bo retrato que fai da sociedade española destes últimos anos, onde os sentimentos que a dominan son o pesimismo e a resignación.
Respecto ó símil que decidiu empregar Jose Antonio Marina, pareceume bastante adecuado. A nosa sociedade en efecto atópase “enferma” e xa non se defende ante os “axentes patóxenos” que a atacan. A corrupción e a perda de confianza nas institucións públicas acabaron facendo que a sociedade tolerara estas acción e mesmo as aceptara coma normais, xerando unha completa perda de confianza nos políticos, e seguidamente no sistema democrático. A sociedade xa non se sente representada.

BIBLIOGRAFÍA

Marina, José Antonio, “El síndrome de inmunodeficiencia social” [en línea], elmundo.es, El Mundo Orbyt, 25/03/2012 ENLACE  [consulta: 2 novembro 2012]


Organización Mundial da Saúde, "Departamento de VIH/SIDA da OMS" [en línea] ENLACE [consulta 3 novembro 2012]

Paula, Richard e Elder, Linda, "La mini guía para el pensamiento crítico. Conceptos y herramientas", criticalthinking.org        [en liña] ENLACE [consulta 3 novembro 2012]


Sociedad civil y sociedad politica en la noción de Bloque Histórico [en liña] "Ethos y culturas" http://ideologiayculturas.blogspot.com.es 31/01/2009 ENLACE [consulta 3 novembro 2012]

Plataforma "No les votes" [en liña] wiki.nolesvotes.org ENLACE [consulta 4 novembro 2012]