lunes, 22 de octubre de 2012

Introdución á Documentación


Introdución e concepto de Documentación Informativa

Podemos definir o concepto de documentación informativa ou documentación xornalística coma “o modo informativo que ten por obxecto a valoración, selección, clasificación e archivo para o seu posterior uso de textos e referencias sobre ideas, feitos, xuízos e opinións, ca fin de elabrorar a información xornalística e/ou difundir información documental de base xornalística” (Galdón López, 1989). O obxecto de traballo e estudo da documentación informativa son aqueles textos e referencias escritos en calquera soporte ou formatos, e non sólo documentos publicados na prensa, senón todos aqueles textos que axudan ó xornalista no seu traballo e que lle permiten redactar informacións exactas, veraces e ben escritas.


Palabras clave

Documentación, comunicación, información, fontes, xornalismo, medios


Principios e funcións

Galdón fai unha distinción dos principios da documentación:
  •          Principios teleolóxicos: están definidos polos obxectivos finales que se pretenden alcanzar. Poden ser:

o    Verificativo: conprobación da veracidade dos textos, e posterior purificación e complemento
o    Explicativo: potenciar a comunicabilidade e o carácter aleatorio dos textos
o    Editorial: fundamentación das opinión e ideas desde unha perspectiva particular marcada polos principios editoriais da propia publicación
  •          Principios formais e circunstanciais

o    Perdurabilidade: Garantir a utilidade futura e a permanencia dos textor e referencias
o    Adecuación funcional: tratamento específico de cada doumento segundo a súa natureza e función
o    Limitativo: cirunstancias da actividade documental xornalística que limitan o seu exercicio e a utilización de medios

Podemos diferenciar 4 fins ou funcións principais da documentación según Galdón:
  •          Fin comprobatorio – verificativo: permítelle ó xornalista cerciorarse de non cometer erros redacionais, sintácticos ou ortográficos, ou tamén referidos a datas, nomes, lugares, feitos, cantidades, etc.
  •          Fin preparatorio: necesidade do xornalista de coñecer en maior profundidade o tema sobre o que vai informar
  •          Fin completivo: proporciona ó xornalista aqueles datos que lle permiten facer comprensibles ó lector os antecedentes do feito informativo
  •          Fin orientador ou ideolóxico: aqueles feitos, datos ou opinión que emprega o xornalista para refrendar as ideas ou posicións que pretenden reflexar os editoriais ou artículos



 Este é o cadro resumo das funcións da documentación:

Función
Ámbito
Fontes
  






Comprobatoria
Verificadora
  •        Ortografía (necesidade de sinónimos, antónimos, significado real dunha palabra, ortografía correcta, tradución, etc.)
  •          Sintaxis
  •           Datos (datas, nomes, cifras e feitos concretos)

  •          Dicionarios de definicións
  •          Dicionarios de dudas
  •    Dicionarios de idiomas
  •          Dicionarios especializados, etc.
  •        Fontes de referencia (encilopedias, cronoloxías, anuarios, etc.)






Preparatoria
  •            Personas
  •            Temas

  •            Memorias de empresas e institucións públicas
  •            Quen é quen
  •            Bases de datos de prensa propias e alleas
  •            Enciclopedias

Completiva
  •            Feitos

  •            Bases de datos

Orientadora
  •           Datos e feitos             

  •              Bases de datos

   Fonte: Moreiro, José Antonio (coord.): Manual de documentación informativa, Madrid, Cátedra, 2000.



Os centros de documentación

Os centros de documentación mostran un dos mellores exemplos da retroalimentación da información:
·         Ó centro de doumentación chegan información, documentos e noticias, que sofren un proceso de tratamento da información para posteriormente almacenarse nunha base de datos
·    Esas mesmas informacións que recolleu o centro de documentación poderanlle servir a outro xornalista para recuperar información ou recurrir a ela para completar unha noticia
As variables que axudan a medir a percepción positiva do centro de documentación por parte dos xornalistas do medio son:
  •           O tempo de resposta en resolver unha petición
  •          A cantidade de fontes de información accesibles
  •          A credibilidade e fiabilidade da fonte
  •          A calidade da resposta do entro de documentación
  •          A capacidade de previsión do centro de documentación

Non se pode entender o traballo do centro de documentaión sen as fotes de información. Galdón establece dous tipos de fontes:
  •          Fontes internas: as que xera o propio medio de comunicación
  •          Fontes externas: xeradas por outros medios, editoriais e organismos públicos e privados. Divídense á súa vez en:

o    Libros de referencia
o    Índices de diarios a revistas de información xeral
o    Selección de publicacións xornalísticas
o    Outros materiais (libros de gravados, fotografías, etc.)
o    Bases de datos


A finalidade da Documentación na actualidade

Un dos rasgos da actual sociedade da información é a interdisciplinaridade. Profundizouse cada vez máis no carácter de investigador do xornalista, ante as demandas duns cidadáns que piden algo máis ca unha reseña do acontecemento. As labores de documentación deixaron de ser unha tarefa exclusiva dos expertos, e convertéronse nunha ferramente esencial para exercer o xornalismo na actualidade. A aparición do ciberxornalismo e das edicións dixitais converteu ós xornalistas en buscadores de información á vez que os documentalistas, que viron parte do seu traballo moito máis axilizado.


Bibliografía
Moreiro, José Antonio (coord.): Manual de documentación informativa, Madrid, Cátedra, 2000.
Fuentes i Pujol,  Mª Eulàlia: Manual de documentación periodística, Madrid, Síntesis, 1995
Calderín, Mabel y Rojano, Miladys: “La documentación digital y el Ciberperiodismo” (Consulta web)

No hay comentarios:

Publicar un comentario